40 ADEGAS E COLLEITEIROS ESTARÁN PRESENTES NA 54ª EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 54ª edición, terá lugar os vindeiros días 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2017, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), acaba de pechar o prazo de inscrición para as adegas e colleiteiros.

A organización do evento (Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro) amosan a súa satisfacción e queren destacar o gran interese no sector por participar no evento, pois cúmprense as previsións respecto ao número de participantes.

Na presente edición alcanzarase o número de 40 participantes (13 adegas e 27 colleiteiros), dato que iguala o número de participantes da edición anterior e que amosa a consolidación da Feira do Viño do Ribeiro como evento enogastronómico e cultural de referencia.

As adegas e colleiteiros serán convocados, proximamente, para unha reunión na que se sortearán os postos e na que se lles informará das actividades e novidades que este ano se levarán a cabo na Feira do Viño do Ribeiro.

 

Habilidades

Publicado el

29/03/2017

Enviar comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Share This